top of page
Sonia Armada_edited.png

Sonia Armada

  • Instagram
  • Negro del icono de Blogger

Sonia María Armada naceu na Coruña no ano 1998. Dende cativa sentiu unha conexión moi especial ca arte, pero nunca asistiu a ningunha clase de pintura ou debuxo. Pola parte da súa familia tampouco tivo ningunha referencia artística agás a figura do seu bisavó debuxante, mais desa profesión non tivo constancia ata pasados os anos, cando xa era unha adolescente.


Non foi consciente da súa paixón polo mundo artístico ata o último ano da ESO, cando descubriu o bacharelato artístico e decidiu mergullarse no que verdadeiramente lle gustaba. Comezou a súa andaina no instituto Adormideiras da Coruña e, posteriormente, ingresou no Grao en Belas Artes da Universidade de Salamanca. Tivo a oportunidade de realizar un Erasmus e viaxou a Italia, concretamente a Florencia, para ingresar na Accademia di Belle Arti de Firenze. Ao rematar os seus estudos de grao, realizou o mestrado de Historia da Arte Contemporánea e Cultura Visual, un mestrado interuniversitario entre a Universidade Complutense, a Autónoma de Madrid e o Museo Reina Sofía.


Durante a súa estancia na carreira, tivo a axuda da Beca Colaboración e Departamentos para levar a cabo un dos seus proxectos na súa casa, e concederonlle o Premio Extraordinario de Fin de Grao. Coa colaboración da universidade puido levar a cabo plans moi interesantes como o proxecto APS realizado na asignatura de xestión. Tamén colaborou coa asociación AFIN traballando sobre todo no ámbito contemporáneo. Posteriormente, durante o seu mestrado, estivo como catalogadora e investigadora en prácticas no Museo Reina Sofía no departamento de coleccións de arte gráfica. Como formación complementaria, ten cursos no Centro Internacional de Estampación Contemporánea e de Archivo pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.


Sonia Armada comezou expoñendo as súas obras no ano 2016 na Coruña. Durante a súa época universitaria foi onde colleu ritmo, comezando a expoñer coa colaboración da Domus Artium 2002. Seguidamente realizou unha coa Execelencia do seu traballo de fin de grao, outra segunda en 2018 que foi seleccionada para os Premios San Marcos e, unha última en relación co covid e a pandemia. Fóra do ámbito universitario tamén realizou outras dúas exposicións, unha nun pobo salmantino e outra na galería Calcografía no 2018.


En Florencia traballou tamén en dúas mostras, unha delas a partir de ser finalista nun concurso entre as relacións de arte e ciencia, no seu caso no departamento de Micrologia. A outra foi pola súa produción artística, centrada na técnica do fresco. Actualmente, expuxo ‘’Con 3 Tres’’ en Pontevedra, a súa primeira mostra en Galicia tras volver ao país.

Produción artística

Sonia, na súa estancia en Florencia, cursou unha materia especializada no fresco. En cambio, na universidade de Salamanca xamáis escoitou falar dunha obra contemporánea realizada con esta técnica, polo que pronto se decatou de que existía unha problemática. É en Italia onde coñece artistas internacionais que traballan dese xeito, pero ningún procedente da Península Ibérica. Nese intre, Sonia decide sumerxirse na investigación do fresco contemporáneo no paradigma nacional español, sobre todo dende o século XX en adiante. A arte do mural é pouco coñecida polo que se propuxo exprimir e saber o seu funcionamento, pescudar se só existían as fórmulas de Giotto e Cennini, se había mulleres fresquistas, e demáis cuestións.


Xunto coa ténica do fresco, da pintura interésalle a materialidade das obras, é decir, a parte do diálogo entre o facer, como facer e, como experimentar a propia praxis. Tamén ten unha estreita relación co gravado, mais non se especializou no ámbito. Aínda así, intenta mesturar o tempo que lle adica ao fresco con esta ténica, xa que lle gustan que os procesos sexan semellantes, exemplo disto é a labor da punta seca.


A técnica do fresco é sen dúbida a que máis lle interesa á artista, tanto no campo da investigación contemporánea como na práctica. Dentro do ámbito fresquista existen numerosas especialidades que non se coñecen e a maioría tenden a desaparecer. Innovacións como, por exemplo, no eido ecolóxico non se explotan o suficiente e Sonia quere rachar con iso. Porén, a artista ten unha función de divulgación e praxis, ten que coñecer para poder facer. Precisa investigar as técnicas e o pasado para elaborar a obra no presente. Para ela as palabras proceso e diálogo están conectadas, ten unha sobre vertente, teoría e práctica.


Sonia é unha persoa que non se quere atascar nunha mesma maneira de facer, e o fresco proporciónalle unha actividade e dinamismo especial, xa que, por exemplo, non se traballa da mesma maneira en Madrid que en Galicia. É un xeito de facer moi vinculado ao lugar, pois dependendo do espazo a técnica é distinta. A artista tamén o ve como un método de resistencia contra a produción en masa, posto que traballa moito tempo nunha obra e elabora series para plasmar o que quere dar a tratar. En canto aos procesos, aínda que existen outros moitos; hai dous cos que ela traballa, a parede e o móbil.


O fresco en parede tamén se coñece como o buon fresco. Neste caso elabórase a obra cando se ten o boceto preparado e definitivo xa que no panel non se ten a facilidade de improvisar polo seu tamaño e a súa rapidez no secado.


Aínda que hai catro tipos de masas tradicionais, ela traballa entre os procedementos renacentistas italianos e as novas innovacións contemporáneas, onde podémola atopar facendo golpexados, estucos, etc. Cando se obtén a última capa, recórtanse os bordes para que quede limpo. Unha vez cumprido o tempo mínimo para que comece o seu proceso de carbonatación comézase a pintar até o seu secado total. O método tradicional empregaba o verdaccio, que é coma unha especie de verde marroneado parecida á acuarela. Habitualmente non queda a mesma cor que se aplica co resultado final. Ademáis de que algúns tons poden ser máis claros e máis escuros, a mestura do pigmento inorgánico coa materia da parede fai que o matiz varíe. O proceso de pintado comeza por poñer un cartón pigmentado por detrás e marcar cun lápis os límites na parede, unha especie de calcado cun padrón. Despois de obter o que se quere realizar no panel, procedese a pintar. Para finalizar hai que esperar entre tres ou catro semanas para que a obra esté totalmente seca.


No caso do fresco móbil, a masa que se emprega é a mesma que a do buon fresco, pero cambia a base. Sonia está especializada nun tipo de soporte que coñeceu grazas ao artista Luis Quintanilla, que se basea na utilización de baldosas e terracotas. Esta técnica caracterízase por traballar con dúas capas, un xeso á cal, e posteriormente cunha final, a do intonaco, e a mesma capa coa que pintamos a parede, xa que na cal se introducen os pigmentos e nas demáis non. Á hora de pintar realizase o mesmo proceso que o fresco en parede e, finalmente, hai que esperar a que seque. Para saber que está seco hai que tocar a obra, e se non se cumpriu o proceso de secado, os pigmentos quedan na man.


Sonia Armada é unha persoa que se move pola curiosidade. O que aprende todos os días é para ella unha inspiración. Gústalle ler e investigar, polo que toda a información recollida dalgunha técnica ou artista é algo que a nutre grandemente. Inflúea calquera fresquista do século XX español como Elvira Gascón ou Rosario de Velasco. Ademáis, a nivel representativo, a propia artista considera que está a cabalo do conceptual e do formalismo tipo expresionismo. En ocasións traballa cunha idea concreta e dende ella crea e comprende verdadeiramente se está facendo novos camiños ou repetindose. Tamén lle gusta a figuración expresiva, o expresionismo alemán ou mesmo a cartelería dos anos 60. En definitiva, vai creando camiños para comprender o que quere buscar. Trata de investigar, de pensar sobre o proceso creativo, empregando ás veces pausas, paréntesis, posto que lle apasiona o tema da temporalidade. As obras de arte son persoais porque dependen da forma de pensar e de vivir do propio artista.

 

Dese xeito, Sonia traballa para ela mesma, mais tamén lle gusta crear no público unha dúbida, que as persoas vexan as súas creacións e sintan curiosidade polo que teñen diante. O curioso é un aspecto que lle atribúe ao que fai, e así o recollerán os espectadores.

Análise dunha obra

O proxecto Affresco, diálogos entre espacio y materia ven da man da Beca Colaboración do ano 2020. Ten como finalidade a comprensión de cómo podería ser posible unha nova estética, deixando atrás as previas e xa impostas. Durante a corentena, tivo tempo para a reflexión e a investigación, xa que neste período surxíulle a necesidade persoal de enfocar os seus coñecementos e labores cara o fresco. O contexto pandémico fixo regresar a artista á súa casa e realizar alí un diálogo de dous seres descontextualizados e como poder traballar con responsabilidade. Para iso, nesos meses traballou nunha mesma obra baseandose en catro conceptos: o espazo, o recordo, o tempo e a materia.


Cada acción realizada remitía a outra e desa maneira foi creando historias. Comezou recollendo en papel as súas rutinas, todo o que facía dende a mañá durante os noventa días de corentena. Traballou coa forma cadrada da súa vivenda empregando as cores das habitacións nas que pasaba máis tempo, como por exemplo, o verde do seu cuarto ou o marrón do salón. Esos papeis trasladounos posteriormente ao fresco, realizando en total sete obras en baldosa e dúas en parede. A artista foi documentando todo o proceso creativo e deixa constancia a labor fresquista e a evolución. Concretamente creou dous tipos de frescos, o figurativo, Diálogos; unha constante revisión de como podemos construír algo que non o está; e o abstracto, a continuación de todas as rutas de debuxos que realizou cada día.

bottom of page