Equipo Brétema
Sandra Capelo
Historiadora da Arte pola USC e ca especialización como técnica en museos e mercado da arte. A miña paixón sempre foi o mundo audiovisual, focalizando os meus estudos nese ámbito.
Teresa López
Historiadora da Arte pola USC e actualmente cursando un mestrado en Estudos Medievais Europeos. As miñas áreas de interese son a arte barroca e as artes decorativas.
Tania Chapela
Licenciada en Historia da Arte pola USC, conto cun mestrado en Xestión Cultural e outro en Educación, os cales reúnen os meus intereses pola didáctica cultural. A miña experiencia desenvólvese especialmente na área de educación de diversos museos galegos.
Tania Paredes
Historiadora da Arte especializada co Máster de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüedade na USC. Apaixonada polo mundo Antigo e centrada no estudo das figuras femininas presentes tanto na mitoloxía clásica como na Historia da Arte.
Noelia Barcia
Graduada en filoloxía inglesa (2020) e en filoloxía galega (2021). Amante da literatura, focalizando os meus traballos académicos neste eido e na importancia da defensa da cultura e a lingua galega.