Samuel Costas
Samuel Costas Meira é un artista nado en Cangas do Morrazo no 1997. Os debuxos foron a súa compañía dende ben pequeno, sendo un dos momentos máis importantes do súa infancia cando lle regalaron o cómic de Mortadelo e Filemón. Deste xeito inconsciente, Samuel somérxese no mundo do deseño e a ilustración, o que marca un antes e un despois na súa vida.
Á hora de formarse elixiu o bacharelato de artes, pero o propio artista comenta que non foi unha etapa especialmente creativa para el, posto que se encontraba nun momento onde os seus gustos non eran os que se estaban a explorar tanto de maneira académica como no seu entorno. É así como comeza a indagar ca arte abstracta, posto que se percata que non ten interese na representación corpórea ou natural. Samuel repara en que estas cuestións, poden estar moito mellor captadas pola fotografía polo que busca explorar outros ámbitos. O artista busca representar aquelo que non ten unha forma concreta, o que non existe, en resumo, a abstracción que se encontra co surrealismo. Durante o grao de Belas Artes en Pontevedra sentiu igualmente unha presión á hora de expresarse, considera que os parámetros ós que se somete ó alumnado anulan en certa parte o xerme da curiosidade.
Para o artista a liberdade á hora de experimentar, de crear e indagar en diferentes manifestacións constitúese como un punto fundamental. Do mesmo xeito, tamén gusta de ser autodidacta e ir máis aló dos contidos xa preestablecidos. Un punto de inflexión neste senso foi o TFG. Neste sentiuse libre de mesturar arte plástica e sonora e profundou na sinestesia.
Produción artística
Os comezos do artista foron estudando diferentes manifestacións, dende a fotografía, a pintura ou a arte sonora, pero todas elas cunha vertente común. Comezou inspirándose nos cómics ou nas pequenas tiras dos periódicos pero pouco a pouco coñeceu na historia da arte o surrealismo, o neoplasticismo e a abstracción, sendo esta última a inspiración común das súas obras. De igual maneira o son sempre xogou un papel fundamental no seu imaxinario artístico considerándoo unha peza fundamental dentro das súas elaboracións.
O TFG foi un punto de inflexión onde sentiu unha forte conexión ca arte e onde comezou a desfrutala. A natureza xoga un papel fundamental no seu traballo, especificamente o azar da mesma. Como son as plantas, as nubes, como se conforma o ceo, é dicir, cada unha das pezas que constitúen o noso mundo son únicas e créanse de maneira azarosa.
Ó realizar as súas obras gústalle combinar a súa perfección á hora de encarar unha peza, xunto co azar que pode aportar a natureza. Conecta con este medio e esta forma de traballar, un espazo duplo para ambas partes.
Cada obra é única e non pode ser imitada, polo que o proceso varia. No terreo da fotografía, crea un banco de imaxes moi amplo que pode servirlle nun futuro como inspiración. Xoga descontextualizándoas, saturándoas, nun estilo vahaporwave.
En canto as vertidos é neste proceso onde ó azar ten un maior peso, polo que comeza ca mestura das cores preestablecidas. Neste proceso é cando se aprecia a fusión entre distintas cores, como dialogan entre elas e as súas dinámicas. Logo déixanse que estas tomen forma encima do lenzo.
No caso da música decantase polo xénero ambiental. Exténdese durante moito tempo e vai acadando matices pouco a pouco, como se se puidese ir engadindo pequenos toques segundo avanza. Disfruta collendo sons da natureza e agregar outros en postprodución, a vez, que os descontextualiza.
As influenzas para todos estes traballos son varias; J. Turner, Melissa McCracken, Kandisky, Friedrich, Fernando Zóbel, Erik Satie, Brian Eno, The Residents, etc.
O que pretende o artista é transmitir a idea de natureza sobre todo dende unha vía orgánica e colorista. Vai máis aló do que é estético, rachando co binarismo “bonito” e “feo”. Invita ós seus espectadores a experimentar con el e desfrutar do creado.
Análise dunha obra
Mars (2019) é un vertido parte da serie Solar System. Samuel realiza unha interpretación abstracta do sistema solar. En prol de que sexa un conxunto artístico engade unha peza musical que completa o sentido da obra. A técnica é vertido acrílico sobre lenzo, cun tamaño de 30x30cm, que coincide coas dimensión das fundas dos discos de vinilos, xa que esta obra ten a súa parte sonora nese soporte. A metodoloxía baséase nunha interpretación sensorial do sistema solar, provocando a aleatoriedade a través do propio vertido acrílico e dos sons totalmente experimentais que mesturan tanto instrumentos como gravacións dos propios planetas, podendo catalogarse no estilo "sound art".
Contacto
@akindofsamu_art
https://www.behance.net/samuelcostasmeira
https://spiraltrip.bandcamp.com/music