Olmo Blanco
Olmo Blanco Fuentes naceu en Santiago de Compostela mais viviu gran parte da súa infancia e xuventude en Boiro. Dende neno tivo moito interese e curiosidade pola expresión artística, polo que os seus pais lle achegaron sempre papel e cores para que formaran parte do seu pasatempo. Co paso dos anos decidiu encamiñar os seus estudos cara á arte e adicarse profesionalmente a ela. A xente en moitas ocasións opina que os artistas son persoas con un don especial, mais Olmo non comparte este punto de vista, senón que pensa que o talento depende do interese e das posibilidades que teña un mesmo para desenvolvelo.
En canto a súa formación académica, Olmo realizou o bacharelato científico en Boiro, xa que daquela non existía a opción artística. Deste xeito, nesa época no instituto foi na que máis disvinculado estivo da creación. Ao rematar, tentou ingresar en Belas Artes, mais a nota levouno a optar por formarse en Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Un ano máis tarde entrou na Facultade de BBAA en Salamanca, onde cursou tres anos. Os seguintes anos de carreira realizounos de Erasmus en Lieje, Bélxica, outro de séneca na Universidade de Granada e outro ano cunha beca de intercambio no estranxeiro na U. C. de Chile. Finalmente, no ano 2007 licenciouse na especialidade de pintura na universidade salamantina.
Dende que rematou a súa formación adicouse profesionalmente ao mundo da arte. Nese tempo realizou exposicións individuais como a Project Rooms, Feria Puro Arte en 2009, unha intervención no Modus Vivendi en Compostela no 2011, a FAC Olmo Blanco, FAC Peregrina en 2013, as intervencións nas paredes do Summerhall de Edimburgo e nos baños da Hayward Gallery de Londres no ano 2015, a Parking na Galería Metro de Santiago e a Era dos uns e dos ceros en Cubo, Vigo.
No que abrange ás exposicións colectivas, destaca a participación na XXXI Bienal de Pontevedra e na Parcours artistes de St-Gilles en Bruselas no ano 2010, a Exposición INJUVE, Tabacalera en Madrid no 2011. No ano seguinte participou na I Bienal de Montivedeo e no Open Studio Espazo Vacío en Madrid. No 2013 estivo en Veraneantes no Museo Marc, así como na S/t Bacelos en Vigo e na Desaparició na Galería Fran Reus en Mallorca no ano 2014. No ano 2019 participou no Pictogram na Escola Unitaria de Compostela.
Tamén ten numerosos galardóns como o Accesit INJUVE no 2011, o Accesit Premio da Deputación de Ourense e finalista na Galicia Crea do 2012, finalista tamén no VI Premio Internacional de Artes Plásticas María José Jove, e no 2015 obtivo o primeiro premio do Eixo Atlántico.
Produción artística
As técnicas que elixe para a produción artística varían en funcion das necesidades de cada proxecto. El busca experimentar pero sen rexerse nunha maneira de facer concreta. Actualmente está traballando con pinturas plásticas porque necesita empregar cores planas e de rápido secado. Dese xeito pódese decir que traballa con numerosas técnicas que van dende o lapis e o papel a cerámica ou a xoiería, experimentando recentemente cos formatos dixitais.
En canto ao uso das cores, non ten preferencias mais dependendo do seu estado anímico pode decantarse por certas tonalidades. Olmo opina que é unha cousa xenérica que lle pasa á maioría dos artistas. A elección da paleta cromática é algo co que se detén tempo abondo e co que lle gusta experimentar. Nos seus inicios, as cores empregábaas dunha maneira máis intuitiva pero co paso dos anos foi estudando e formándose no tema colorista a nivel teórico. Actualmente está impartindo cursos sobre a cor.
A estética das obras de Olmo Blanco están influídas principalmente por dúas vertentes: os gráficos dos primeiros videoxogos como o Aatri 2000, o ordenador Espectrum e as consolas de 8 bits; e os petroglifos galegos da idade de bronce. Son mundos moi distintos e separados temporalmente, pero ambos converxen na mente do artista onde teñen un calado moi forte durante distintas épocas da súa vida.
Pese a isto, son moitos os temas que o estimulan artísticamente. Na última serie na que está traballando inclúe o gusto pola arquitectura galega máis popular. Aquela que se constrúe dende a segunda metade do século XX ata a actualidade, unhas estruturas que se adaptaron ás necesidades económicas, sociais e culturais de determinado contexto histórico. En definitiva, se un tema lle parece atractivo empregao para crear dunha maneira ou outra.
En canto ao que quere transmitir coas súas obras, nas labores máis persoais non busca enviar unha mensaxe concreta. En ocasións non sabe se o que realizou se vai mostrar ao público ou non, polo que traballa para comprender o seu propio contexto e pola emoción que produce o proceso creativo. Algo moi distinto é cando ten que crear para un lugar específico, unha intervención nun museo ou nun espazo público, onde debe ter en conta o que quere provocar nos espectadores.
Análise dunha obra
Hotel ao sur de O Porto, 2020, nace dun recordo da estancia que tivo o artista no país portugués. Durante o mes de febreiro, Olmo viaxou a esta cidade por motivos laborais. Era temporada baixa polo que a piscina estaba baleira e había pouca xente hospedada. Estas condicións aportaban certo ambiente desolador, e o que non esperaba, é que nese propio ano o hotel, como todos os demais ficarían en letargo longo tempo. Cando chegou a súa casa, e dende o recordo da aventura portuguesa, realizou a obra.