Molu Ares
Molu nace en Pontevedra no ano 1996, pero viviu toda a súa vida na Coruña. Volta a Pontevedra a estudar Publicidade e Relacións Públicas e logo vaise a Madrid a estudar e traballar. É alí onde decide dar o salto ao mundo artístico e apúntase a clases de cerámica.
Adoita buscar novas actividades ás que acudir e, ademais disto, Molu é monitora de tempo libre, o que lle permite acudir a talleres con nenos, algo que lle gusta especialmente. Tamén é o sitio de onde sacou o seu nome artístico, pois os nenos preguntábanlle o porque de Molu, sendo este o resultado do seu nome, e ela contestáballes: “pois Molu de molusco”.
A artista é completamente autodidacta, pois non ten case ningún estudo previo sobre ilustración, aínda que na carreira indagou un pouco no tema con sinaturas que lle permitiron mergullarse algo no deseño gráfico e a creatividade.
A primeira vez que se acercou ao mundo da ilustración como artista foi nos carteis da festa de Santa Cata, a festa universitaria que se fai en Pontevedra. Pero é certo que cando comezou máis en serio foi co proxecto de Moludemolusco, pois preparando o TFG viu que lle gustaba máis a parte de deseño das partes e a maquetación.
Produción artística
Moludemolusco xorde en xullo de 2020, aproveitando o confinamento. Volve a súa casa en A Coruña e alí comezou a ilustrar diferentes lugares da cidade, sendo a súa primeira obra o Faro de Mera. Co paso do tempo visitou máis sitios e xunto coas fotografías que seu pai lle enviaba foi pouco a pouco ilustrando os lugares máis míticos da cidade coruñesa. No momento que comezou a compartir as súas creacións, á xente foise interesando polo seu traballo e decidiu que sería boa idea facer algunha tirada e comezar a vendelas, polo que aquí empeza a súa traxectoria.
A artista recorda que o proxecto comezou tras viaxar e darse conta de que os turistas, moitos deles, levan consigo de cada viaxe unha pequena postal. E tras ver a unha artista en Polonia que ilustra a paisaxe en forma de postal, Molu pensou que porqué non facer postais tamén da súa terra, se son igual de bonitas.
No seu proceso artístico a artista inspírase polos lugares e fotografías da cidade. Sinte unha gran influencia da fotografía, pois é unha disciplina que lle parece moi interesante e de vez en cando gusta de xogar cos enfoques, as cores e as perspectivas. Á hora de traballar, sempre emprega unha ou dúas, dependendo dos parámetros que queira destacar nese momento. A artista define o seu traballo coma ilustración de vector, é dicir, fai os trazos directamente na tableta gráfica co programa de ilustrator, onde primeiro realiza capas e capas cos diferentes trazos da fotografía e por último colorea.
A paleta de cores de Molu está composta case integramente por verdes, azuis, amarelos e vermellos, aínda que as veces depende do fragmento da realidade que a artista queira representar. Proba sempre cores e xoga con elas creando luces e sombras coa cor branca, mais nunca emprega a cor negra; tamén baralla a posibilidade de introducir na súa obra máis cores, pois xogan un papel moi importante e significativo no seu traballo.
A temática que emprega a artista é practicamente a representación de distintos lugares recoñecibles da cidade da Coruña, aínda que ten algún máis xa de Galicia en xeral. Por agora non pensa en espallarse máis alá da terra galega, ainda que actualmente resida en Barcelona.
Unha vez rematado o traballo, o normal é que a artista faga unha soa tirada de impresións, polo que ditas tiradas son limitadas. Estas constan dun total de 100 ilustracións, as cales van numeradas. O material que emprega para as láminas é estucado (4+4 tintas) de 250g., e as dimensións son de A3. En cambio, as postais están feitan en papel reciclado, a dobre cara e non van numeradas.
Actualmente traballa nunha colección, en principio trátase de cinco ilustracións de fachadas modernistas da cidade e pensadas para dimensións moi grandes.
Análise dunha obra
A casa de cores (2020) é a obra que a artista Molu destaca debido ao seu impacto, pois non esperaba para nada a aceptación que recibiu e a xente que a día de hoxe lle segue a preguntar por ela.
Foi o seu mellor amigo, Jorge, quen lle redescubriu este lugar. Trátase dunha rúa estreitísima da Coruña, que vai dar a praza de María Pita. Tamén a escolleu porque é moi recoñecible, pois todo o mundo ten una foto aí. É curioso como unha vez feita a ilustración, a artista puido coñecer a xente que vivia aí e gustou da interpretación da súa rúa, tanto que lle ían comentando cal era a súa casa.
O proceso creativo foi o mesmo, a través dunha fotografía foi realizando capas con trazos, e coloreou o resultado final. A paleta de cores nesta obra cambiou algo en relación á que normalmente usa a artista, pero isto é causado pola propia realidade que a atrapou. As diferentes cores xa existentes na paisaxe convencérona para deixala así. Tamén tivo que adaptarse á perspectiva, pois esta ten un punto de fuga que tiña que seguir. Neste caso as dimensions tamen cambiaron, ao igual que as tiradas, pois actualmente ten feito mais dunha, pero segue numerándoas.