top of page
___.jpeg.jpeg

María Vérez

  • Instagram

María Vérez Escudero é unha creadora da Coruña do ano 1991. Naceu no seno dunha familia interesada e vinculada ó mundo da arte e a cultura visual, pois o seu pai adicábase ao torneado de madeira e era un afeccionado da fotografía.


A súa formación comezou na EASD Pablo Picasso, obtendo o título de Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño en Fotografía. Posteriormente, nesta misma escola estudou a especialidade en Deseño Gráfico, ca cal continuou na Accademia di Belle Arti di Frosinone en Italia.


Con todo, xa no 2016 emprende a súa traxectoria profesional ao somerxese en proxectos expositivos tanto individuais como colectivos. A súa vez, é partícipe dunha serie de certames e concursos nos que xeralmente acadou postos de finalistas e un segundo premio do Xuventude Crea na modalidade de fotografía.


Xa no 2018 publicou un fotolibro “La culpa es de tu madre” ca editorial Amor de Madre. Pero non só iso, senón que tamén é creadora dun fanzine titulado “Sin Noticias de Dios”.


María Vérez, ademais, traballou en varios estudos de deseño, participou en diversos proxectos de publicidade, deseño editorial, branding, deseño web e tamén grabación e edición de vídeo.

Produción artística

O mundo das instantáneas está moi presente na produción de María Vérez, de feito chegou a facer exposicións como a de “Gracias Dios por hacerme lesbiana” na Fundación Luis Seoane ca programación do festival FFoco. Para ela, a fotografía é unha ferramenta para plasmar visualmente o que busca, traballando dunha maneira intuitiva e espontánea. Adoita facer unha serie de fotos con luz natural e despois acude á edición dixital para así conseguir os resultados desexados, aínda que normalmente distan moito da realidade. Tamén ten interese polo audiovisual experimental e traballa co collage, tanto de forma analóxica como dixital.


A temática máis recorrente na produción desta artista é aquilo vinculado ca relixión. Toma esta materia como inspiración para os seus traballos, mesturando e explotando a súa forma máis explícita así como tamén a máis sutil. Xoga con ambos aspectos de xeito que exista unha reflexión de como afecta socialmente aínda que non fóramos educados en ningunha fe ou non formemos parte dela. María, con todo dito asume que aínda que estamos a vivir unha época máis tolerante, temos un pasado e unhas bases sociais moi complicadas de rachar e iso atorméntaa, de maneira que isto a axuda á hora de crear.


Outro aspecto importante na obra de María é a cor, esta ten un papel destacable na súa produción pois edita as imaxes con tons brillantes e saturados. A idea de que as cores poidan semellar alegres está feito conscientemente para contrastalas co que pretende reflectir e engadir ese desexo seu por unha realidade diferente. “Quizais tamén é a miña maneira persoal de interpretar as cousas, o poder controlalo a través da edición fai que vexas as cores máis acorde do que me gustaría percibilas” di María.


Realizou diversos proxectos como La culpa es de tu madre. Trátase dunha reflexión sobre o sentimento de culpa, a experiencia disforia que se sinte ó rachar cas regras culturais que inclúen o ámbito familiar, político, relixioso... o pensamento de cometer esa transgresión. María Vérez realizou para este proxecto tanto as fotografías como o deseño editorial. A pesar disto, e aínda que garda un especial cariño polo traballo, sinte que é un proxecto afastado do que agora quere levar a cabo.

!
Widget Didn’t Load
Check your internet and refresh this page.
If that doesn’t work, contact us.

Análise dunha obra

Vagas y Maleantes (2019) é un proxecto realizado por María Vérez e exposto durante o mes de outubro na Galería Spazo da Coruña. Nace como resposta ó rexurdir das ideoloxías que atentan contra os dereitos LGTBQ+, os dereitos da muller, contra a inmigración, o laicismo...


María conta que o nome fai referencia á Lei de Vagos e Maleantes, aprobada anos antes de que Franco impuxese a súa ditadura. Deste xeito, quixeron castigar a todo aquel que consideraban que debía ser rexeitado pola sociedade: rufiáns, proxenetas, quenes non demostrasen que tiña un domicilio fixo ou ben traballo, entre outras cousas.


Ca chegada do franquismo, optouse por reformar esta lei e incluír a homosexuais, pois no seu entender “ofenden la sana moral de nuestro país por el agravio que acusan al acervo de buenas costumbres, fielmente mantenido en la sociedad española”, segundo dita a exposición inicial da reforma. Co tempo, tamén engadiron á lista a drogadictos, prostitutas e mesmo ós inmigrantes ilegais.


Aquelas persoas homosexuais foron detidas pola policía baixo o amparo da lei de perigo social. De feito, a maioría acababan no que era denominado como “Colonias penitenciarias agrícolas” que basicamente eran campos de concentración para homosexuais onde eran obrigados a realizar traballos forzosos. Trala morte do ditador, a lei sufriu varias modificacións, mais non foi derogada ata finais de 1995.


Se temos en conta estes antecedentes políticos e legais, o proxecto Vagas y Maleantes plasma de maneira irónica unha reunión entre bandos, entre patriotas e vagas, nun contexto onírico temporalmente indefinido. Neste traballo a artista ten moi presente o aspecto relixioso, pois representa o control da moral que supón a súa figura e tamén a influencia que tivo e ten na sociedade a percepción do pecado e a virtude.


As fotografías foron tomadas durante os meses de verán do 2019 con diferentes medios de captación de imaxe. Posteriormente a artista realizou as convenientes modificacións de maneira dixital, aplicando ademais as cores particulares da súa produción.

!
Widget Didn’t Load
Check your internet and refresh this page.
If that doesn’t work, contact us.

Contacto

  • Instagram
bottom of page