LUCÍA GQ
Lucía Guldrís Quevedo (Lucía GQ) naceu en Ourense no ano 1982. Creceu dalgunha maneira apegada a arte posto que súa nai é profesora de debuxo e de pintura ao óleo, contando ademais cun taller no que desenvolver estas labores. Dunha forma máis afeccionada está seu pai, o cal gusta do debuxo a tinta china. Polo tanto, sempre estivo rodeada dun ambiente moi creativo.
O seu interese no ámbito artístico, sen embargo, tomou un camiño diferente o do seu parentesco, achegándose nun primeiro momento á fotografía analóxica. De feito, a través da realización de cursos coñeceu máis sobre o mundo das instantáneas. Posteriormente, comezou a tratar novas técnicas nas que utilizaba o papel e de aí acabou derivando na creación dos collages.
O aprendizaxe foi dunha maneira autodidacta apuntándose a cursos e talleres, a partir de aquí entra en xogo tamén o desenvolvemento intuitivo da persoa e o camiño dentro do mundo do collage de cada un, neste caso optando polo analóxico.
Lucía é unha artista que consolidouse a partir dese ambiente artístico do que gozaba no seu fogar e mais o empeño por aprender de forma autodidacta e cultivar así un bo traballo.
Produción artística
A artista considera que o collage analóxico é unha forma de expresión a través da reciclaxe, pois é unha maneira de traballar na que se reutilizan materiais (papel, tela, negativos antigos...) para dotalos dunha nova vida.
Ben é certo que existe o collage dixital, máis a complexidade á hora de atopar os materiais non ten nada que ver. Isto é algo moi atractivo para a artista posto que considérao toda unha aventura. O seu interese céntrase en revistas que van dos anos 30 ós 70 do século pasado. O prototipo de fotografía que facíase nesas décadas é a máis atraínte para Lucía. Para atopalas acude a tendas de antigüidades, a feiras, a mercadillos... escapando das plataformas pois para ela tamén é importante o contacto cos vendedores xa que incluso pode chegar a coñecer as historias que posúen as revistas que vai mercar. Pero non só fai estas pesquisas para atopar estas revistas, senón tamén materiais complementarios como poden ser fotografías antigas (cas que quere comezar unha colección), selos, etc.
A temática do seu traballo céntrase principalmente na muller por varios motivos. Por un lado, por esa posta en valor que precisamos da figura feminina e, por outro, o gusto polas fotografías que nesas décadas inmortalizaban á muller.
De todas maneiras, ela ten o pensamento de que non atopa as imaxes adecuadas, senón que estas móstranse no momento oportuno ante ela. Revisa milleiros de veces as mesmas revistas e non é ata un día preciso no que lle inspira algunha das fotografías. Digamos que é unha conexión que sinte pois de repente todo cuadra cunhas cores, cunhas formas...
Os seus referentes neste mundo do collage son principalmente Nekane Jiménez, Soraia Aguirre, Maite Ortega, Lara Lars e Isis Navarro. Isto débese a que están en activo, polo que pode ver a súa evolución e incluso ter contacto dalgunha maneira.
Finalmente está a súa metodoloxía de traballo para a creación dos collages. Como soporte para as obras principalmente usa o paspartú pois é un material forte e groso que fai que queden máis lucidas. Sen embargo, cando decide utilizar pintura acrílica é preciso que o soporte sexa o papel de acuarela. Despois fai esa pesquisa dos materiais que comeza por unha fotografía inmersa nunha revista. A partir de aí, de maneira harmoniosa, combina as cores. O proceso continúa cos elementos restantes como pode ser papel pintado por ela mesma (con pintura acrílica, rotuladores, lapis de cores), anacos de negativos, tiras de tela, selos, e incluso está introducindo o bordado.
Con todo iso crea unha composición a que lle da moitas voltas antes de obter o resultado final. Axúdase de sacar fotografías das diferentes montaxes e posibilidades para ver o proceso e elixir o que máis lle convence. A partir de aquí pégao, normalmente con pegamento de barra, pero en ocasións con pegamento en spray. Así é como obtén un resultado final satisfactorio.
A maiores, fai unhas recomendacións a aquelas persoas que adquiren a súa obra acerca da conservación do collage. Principalmente que é necesario que non lle de a luz do sol posto que debemos ter en conta que son papeis antigos e deben coidarse.
Análise dunha obra
Turquesa (Serie, Xaneiro de 1940). Trátase dunha obra realizada en 2021 de collage mixmedia en A4. A imaxe foi obtida dunha revista da década dos 40 á que engadiulle papel pintado a man con rotuladores Posca. A maiores leva transferibles que é a parte alfanumérica, un elemento que se coloca sobre o soporte e se rasca para que quede pegado. Por último fai unha mestura con círculos de cor turquesa e negros aproveitados dunha revista moderna.
Estamos falando dunha obra que ten ese concepto de reciclaxe a partir do cal a artista pode expresarse. Combina unha serie de elementos como son o papel antigo, o papel moderno, pintura da man da artista...
Turquesa é a primeira obra dunha serie de tres máis que se inspiran nunha mesma revista dos anos 40. Sorprendentemente unha revista falanxista (totalmente oposta o seu pensamento, pero nas que as imaxes son moi boas para este tipo de creacións) que atopou nunha tenda de antigüidades en Vigo e ca que fixo unha serie de catro obras: Lavanda, Colores e Albaricoque.