top of page
LAURACURRAIS.jpg

Laura Currais

  • Instagram
  • Negro del icono de Blogger

Laura Currais Pérez naceu en Santiago de Compostela pero viviu toda a súa infancia en Vigo. Dende pequena sentiu certas inquedanzas creativas, pero nada fóra da normalidade. Gustaballe debuxar e mesmo estudou música, pero todo o facía portas cára a dentro xa que era unha cativa moi introvertida. Sempre foi unha persoa á que lle gustaba diversificar, aprender de calquera modalidade sen ter un tema de interese concreto.

Durante a súa adolescencia realizou o bacharelato científico en Vigo para logo ingresar no grao en Arquitectura na Universidade Politécnica de Madrid. En canto comezou a traballar de arquitecta no seu propio estudo, decidiu encamiñarse cára os traballos manuais e non tan técnicos. Nese intre Laura empezou a asistir a clases de cerámica e a explorar máis as técnicas do debuxo e da serigrafía.

Actualmente Laura traballa como arquitecta e como artesá, xa que está rexistrada dentro da Artesanía de Galicia, e ademáis conta cunha cunha tenda na rede onde ten á venta láminas de ilustración, pezas de cerámica ou mesmo serigrafías.


Cando o seu emprego llo permite participa en mercados de arte, como o realizado en Vigo ou o organizado pola asociación O Galpón Lab, en Moaña.
 

Produción artística

Laura Currais comezou realizando debuxos a bolígrafo en pequeno formato, moi influídos polo tecnicismo da arquitectura, xa que se trataban de liñas precisas de trazo moi fino. Durante a súa formación como arquitecta interesouse moito polo deseño de produto, polo que buscou opcións para trasladar esas pequenas escalas de ilustracións a obxetos da vida cotiá. Dese xeito, elexiu a cerámica como o mellor formato para recoller esos pequenos debuxos, empregando no proceso a serigrafía e os distintos métodos dixitais, así como a decoración mediante o esgrafiado. Esas liñas sutís que se combinan de xeito harmonioso son produto da súa labor como arquitecta, xa que sempre tivo un gusto polo debuxo a pulso e unha animadversión cára os pinceis.

 

O xermen para o proceso creativo está no bosquexo a pequena escala en cadernos. Eses trazos son posteriormente escaneados e ordenados de maneira dixital, realizando composicións de forma máis sinxela, xa que, unha vez as ilustracións están no ordenador, ten unha maior posibilidade de facer modificacións.

Para a realización da serigrafía, o proceso serve para a creación de fotolitos, unha especie de debuxo en branco e negro para posteriormente insolar as pantallas serigráficas.

Como soporte para o traslado das ilustracións emprega a cerámica. Para o seu modelado emprega o torno e realiza as modificacións manuais, sen usar moldes, para que cada peza teña a súa personalidade e sexa diferente. En canto á decoración, Laura traballa con engobes, arxila tinguida cunha cor e o esgrafiado. Esta técnica consiste en cubrir a arxila cando está fresca co engobe e logo rabuñar a superficie cun baciador, desta maneira quedan feitos debuxos con moita precisión.

Para a decoración non opta por unha gama cromática restrinxida, se non que intenta empregar todo tipo de cores e que gracias á serigrafía locen dunha maneira moi brillante e saturadas.

 

A inspiración de Laura está nunha ampla cantidade de elementos. A natureza é algo que lle apasiona, e recurre á fotografía para analizar a anatomía dos animais ou plantas. Tamén a cultura popular en xeral é algo que lle gusta, como o cine, a música ou o pop. A arquitectura tamén marca a súa obra, de maneira que emprega a xeometría e os estampados en moitas das súas creacións.

O que lle interesa transmitir á artista é o valor narrativo. Pretende que as súas obras conten unha historia, de ahí ese interese pola cultura popular, xa que quere recurrir ás lembranzas das persoas para contar algo. Referencias á música ou a introdución de texto nas imaxes, que recordan ao cartelismo; son temas fácilmente recoñecibles. O uso por exemplo da letra dunha canción é algo que pode asociar unha persoa co seu recordo, e desta maneira, as obras contan unha historia. Deso se tratan as súas creacións, de ser algo representativo e narrativo.

Análise dunha obra

‘’A Familia’’ é un proxecto do ano 2021 que nace dun encargo que fixo unha compañeira á artista. Trátase dun conxunto de pezas, unha bandexa cerámica e unha serie de cinco serigrafías onde se recolle un retrato familiar realizado a partir dunha fotografía.


A obra recolle a historia destas persoas e intenta plasmar de forma narrativa as súas lembranzas. A compañeira de Laura faloulle de que a súa nai practica o bordado da Serra de Francia en Cáceres, algo moi característico dentro da súa familia. Este é un costume moi antigo que recolle referencias ao mundo animal e vexetal, e utiliza motivos que se repiten na cerámica íbera, descoñecida para a artista ata ese intre. Dese xeito, estudou cómo debuxaban estos motivos antigamente e empregou a tradición e a estética do bordado da Serra de Francia para o seu proxecto. Como protagonistas aparecen os pais representados como pavos reais e os fillos como coellos, cada un deles ilustrado con algo representativo do seu oficio.


Para a realización da bandexa de cerámica empregou o esgrafiado. Cubriu o pigmento coa arxila e logo retirouna cun vaciador para deixar un contraste da arxila coa cor tinguida. Nun primeiro momento, o agasallo constaba só desta peza pero logo realizou a serigrafía para repartir entre o resto de membros da familia.

Contacto

  • Instagram
  • Negro del icono de Blogger

@blaurtopias

Blaurtopias.com

hola@blaurtopias.com
 

email_PNG100742.png
bottom of page