top of page
image1.jpeg

Diego Rúa

  • Instagram

Diego Rúa Ferro é un tatuador nado en Santiago de Compostela no ano 1987. O seu interese por esta disciplina comezou cando era un adolescente pois ía aforrando cartos para cubrir a súa pel ca tinta. Así, tamén podía observar dende máis preto como era aquela profesión á que quería adicarse; vía como se desenrolaba ese traballo de maneira profesional para algún día introducirse neste mundo.


A diferencia doutras labores, Diego pensa que segue a ser unha profesión de gremio. Neste sentido quere facer referencia á necesidade de como un aprendiz ten un mestre que che guíe e te ensine como levar a cabo esta manifestación. Unha vez pasada esta fase, segue existindo un proceso de aprendizaxe, pero xa de maneira autodidacta. Así foi como aprendeu Diego, a maiores de diversas viaxes e experiencias a nivel nacional e internacional con outros tatuadores.


Este tatuador comezou acudindo a diversas convencións, pero remarca especialmente a súa aprendizaxe como cliente. Diego asistía a varios estudos nos que había alguén que artísticamente lle chamase a atención, desta forma, contemplaba como era ese proceso creativo e levaba a satisfacción de ter unha peza do seu gusto no corpo.


Nestes momentos, a carreira profesional de Diego desenrólase nun estudo de tatuaxe de Santiago de Compostela.

Produción artística

​

Diego Rúa puxo as súas miras no mundo da tatuaxe, mais tamén gusta de experimentar ca fotografía. En canto á primeira destas disciplinas, o máis importante, dinos o artista, que é a técnica e a práctica, pois co traballo diario un comeza a sentirse máis cómodo á hora de traballar.


As tatuaxes que crea adoitan comezar cunha conversa previa co cliente para valorar as súas referencias e adaptalas ao estilo do tatuador. Pese as diversas ideas que ten a xente, hai que ter claro o modo de traballar de cada un, deste xeito, o estilo de Diego está presente por moi diferentes que sexan as obras. Fora das peticións de tatuaxes máis comerciais por parte da clientela, a temática da que gusta este artista é aquela que recolle os clásicos da tatuaxe tradicional americana. Adoitan ser en branco e negro, cunha liña moi definida e sólida máis un sombreado contrastado para conseguir que a tatuaxe se manteña prácticamente como o primeiro día.


Entre as influencias que ten Diego está a interpretación das imaxes máis icónicas da época dos anos vinte ata unha adaptación máis contemporánea. A maiores, tamén referencia ao ámbito da cartelería clásica ou a relixión.

Análise dunha obra

Sen título (2021) é unha tatuaxe feita por Diego Rúa no estudo “Nora Tattoo Compostela”. Esta obra representa unha figura feminina, concretamente fai referencia á figura da muller labrega galega.


O estilo deste artista reflíctese claramente no tratamento e a técnica ca que plasmou esta tatuaxe cun toque clásico, en branco e negro. Primeiramente valorou a zona a tatuar para así deseñar e ter un concepto claro do que quería plasmar. Este tipo de traballos están feitos a man dende o inicio con lapis e papel, e unha vez obtivo o deseño final pásase a unha plantilla para visualizalo na pel do cliente e facer de guía para xa, por último, comezar a tatuar.

IMG_1394.jpg
bottom of page