top of page
20220212_155238.jpg

Carlota Ponce

  • Instagram

Carlota Ponce Alonso (Charlie ou Akira) é unha lucense nacida en 1995. No mundo da artista sempre houbo un lugar dende a infancia para a animación, especialmente para o anime. O consumo deste contido audiovisual constituíase como un habitual – tendo en conta a cantidade de debuxos animados que programa a galega e que formaba parte da realidade dos nenos dos 90 e dos 2000. É nestes anos de xuventude son onde comezou a crear referencias e unha paixón clara polo estilo que anos despois desenvolvería.

Ó pouco considerou algo natural comezar a debuxar aquelo que vía, tomaba como referencia os seus animes favoritos como Naruto. Dar forma ela mesma as ideas que roldaban na súa cabeza era unha vía liberadora e de escape da vida real. Tan só ca súa imaxinación e co seu traballo podía plasmar todo aquilo que tiña na cabeza. Do mesmo modo relacionábao co mundo do rolplay e dos foros de internet, un modo de crear comunidade na que sentirse parte.

Nestes mesmos anos creouse un perfil en deviantart, unha plataforma online para artistas onde publicar o seu traballo – especialmente relacionado ca fotografía, os fanarts, fantasía, ciencia ficción, etc. – que usou como medio para ensinar os seus primeiros traballos.

 

Estudou o bacharelato de Belas Artes que continuo co grado na UCM en Madrid. Malia diso, a raíz de problemas persoais, tivo que reencamiñar os seus estudos superiores e actualmente encontrase realizando deseño gráfico na Ramón Falcón. Na súa formación tivo un papel fundamental os medios online que lle axudaron a ser autodidacta. Conseguiu ir acadando a súa técnica e coñecementos grazas ós seus esforzos por formarse no ámbito artísticos.

Produción artística

O traballo da artista foi perfeccionándose ó longo dos anos, nos comezos usaba principalmente o lapis ou o bolígrafo. Isto debíase a falta de material profesional pero tamén era unha vía perfecta para a práctica e para comezar na súa andadura. Ó pouco tempo xa se somerxeu noutros medios, dende a acuarelas até incluso o dixital (como segue usando a día de hoxe).  A elección da ilustración como medio de expresión artística e técnica recae nunha paixón propia, en consideralo unha das vías polas que mellor se podía expresar ela mesma. A propia artista remarca que non é tan fundamental o coñecemento – posto que ese valo acadando cada día e pódese perfeccionar – senón a paixón que tes polo que fas.

Á hora de abordar unha obra concreta comeza realizando bosquexos a man, tendo estes en moitos casos unha referencia fotográfica. Considera fundamental acabar este primeiro paso dunha vez, que non se deixe influír por posibles cambios futuros. A idea debe ser expresada tal e como lle veu, tal e como a debuxou na súa mente. Isto non exime que durante este proceso pode ir modificando cuestións técnicas, por exemplo, a elección da pose pode estar moi clara pero estará sometida a diferentes interpretacións e correccións. Outro punto fundamental de Carlota é que a obra sexa orgánica, que quede claro aquilo que estas a ver e teña presencia por si mesma. O trazo é claro, incluso intenta buscar que sexa único, é dicir, que non incida constantemente en rebosquexar unha e outra vez o xa feito.

Traspasa esta obra ó dixital, un medio que nun comezo semellaba complexo e difícil de abarcar pero que finalmente comprendeu como o máis adecuado para ela. Nesta parte do proceso é cando a ilustración toma a súa forma final.

As súas obras teñen como motor principal a representación das mulleres, especialmente nun estilo kawaii e remarcando a decoración. Dentro destas características os temas concretos son moitos: autoretratos, fanarts, etc. Para conformar o seu imaxinario e referencias fixase especialmente no traballo do autores das W.I.T.C.H (especialmente a súa técnica en relación a liña). Remarca como fundamental o cómic de Sky Doll e os manga de Death Note, Bakugan, Sailor Moon, etc.

Estas referencias tamén lle serven para subliñar a importancia da cor nas súas obras – de igual maneira que a ten nas obras das que se inspira – posto que considera que a pesar de que se deixa levar por cada peza, cada unha debe ser especialmente colorida. A explosión de cor é un punto fundamental que predomina en cada traballo sen olvidar da importancia da liña.

En conclusión, a obra de Carlota interpretase a través da paixón e da expresión de si mesma. En palabras da artistas: “Os motivos polos que facer arte e enmarcarse nunha manifestación poden ser subxectivos pero a idea é realizarse a unha mesma durante o proceso. Aprender a expresarse por un medio e a vez que isto exprese a aquelas persoas que consuman o que eu fago”

Análise dunha obra

Will Vandom (W.I.T.C.H) trátase dunha ilustración dixital realizada no ano 2021. Comezou realizando o bosquexo en papel que traspasou o dixital. Neste caso existiu un proceso de refinamento de varios bosquexos que acabaron por dar forma a personaxe en lineart. Tras estes primeiros pasos engadiu cor e as sombras, aportando a súa identidade a obra. Esta é a primeira ilustración dunha mesma colección temática.

A autora remarca como clave o feito de que cando nos enfrontamos a un fanart (ou a reprodución dun personaxe) é moi importante tomar adecuadamente as referencias e saber como interpretalas para que teñan un selo persoal.

A elección do tema basease principalmente nun sentimento de nostalxia cara a súa infancia e o consumo de debuxos animado. As W.I.T.C.H conformáronse como unha parte fundamental do consumo audiovisual da artista sendo un punto fundamental de liberación propia e de xerme da súa expresión mediante as magical girls, súper heroínas, etc.

20220203_232646.jpg
bottom of page