Ángela Castro
Ángela Castro García viguesa nada no 1987. Canto tan só era unha nena sentía unha forte paixón polas actividades manuais (dende debuxo, pintura, modelado até incluso a costura) pero sempre destacou como unha das súas pequenas paixóns o debuxo. O ambiente familiar – especialmente súas irmás – foron unha gran inspiración para ela xa que pintaban e a artista quería imitalas, tamén escribían poesía, lían moito e sentían unha conexión especial ca arte.
Estes primeiros pasos foron claves na súa vida como futura artista, elaborando unha especial sensibilidade pola arte. Malia diso, é tendo en conta o difícil que é a etapa da adolescencia, optou por realizar os ciclo superior de estética. Labrouse unha carreira laboral pero sempre tiña na súa memoria e interese a vertente artística.
Nas horas libres do traballo formouse en debuxo e pintura nunha academia privada e dedicaba o resto do tempo a debuxar e practicar máis profusamente en dita área. Non só era un medio de reencontrarse ca arte que deixara na súa nenez senón que tamén era un medio terapéutico. De igual maneira formouse en deseño de interiores e realizou cursos complementarios como: Autocad, SketchUp, Photoshop, tapicería etc. O tempo finalmente levouna a embarcarse incluso na cerámica e na creación do seu proxecto actual como autónoma en LKXSN. Sinte que esta nunha etapa da súa vida que realmente crea e realiza aquelo que lle apaixona
Produción artística
A produción de Ángela centrase principalmente na creación de cerámica, pois considerouna parte da súa vida sempre. Foi un proceso de familiarización co material, de comprender os seus procesos e feituras. Con precisión, paciencia, calma é – como di a artista- con moito cariño a execución será satisfactoria. Da mesma maneira, considera que cando deixou de preocuparse do resultado foi cando a creación acadou moita fluidez e un selo persoal. Da mesma maneira sigue mantendo esa relación dende a infancia co debuxo, pois o seu proxecto persoal LAS CASAS POR SU NOMBRE tamén está dedicado a ilustración
A cerámica xoga un papel fundamental na vida da artista, permítelle conectar e dedicar a súa atención ó momento da creación. Usar barro para crear cerámica ten unha conexión directa ca orixe, ca tradición, co máis ancestral. Ángela usa este proceso creativo tamén como unha vinculación sentimental e de crecemento persoal:
“Traballar a paciencia, aprender a “aprender”, non acelerar os procesos…foron retos para min, xa que vivimos nunha cidade que incita a correr, a ter as cousas xa, á inmediatez. A cerámica ensinoume a renunciar ás pezas. Moitas quebran polo camiño ou non saen, é algo natural, igual ca vida. Aprender que o apego , as veces, non é san, nin na cerámica nin na vida, iso foi clave para min.”
Á hora de encarar cada peza sinte que é un proceso especialmente individual e que o método adaptase totalmente pero usualmente usa un torno ou directamente modela ca man (ou incluso os combina). Nesta banda tamén repercute especialmente as cores que usa, que considera que son flexibles, deixase levar pola creación que este a realizar. Ten preferencia polas cores intensas: verde, lila, vermella, etc. A inspiración chega de maneira fugaz, é un sentimento e unha viveza que considera complexa de plasmar en palabras. Pode manifestarse de distintas maneiras, dende unha imaxe, unha sensación, ideas soltas que chegan a súa imaxinación, etc. A conexión finalmente ocorre cando presenta a colección, cando xunta as pezas e lles aporta unha coherencia que xa estaba escondida na súa mente.
Gusta de centrase na louza do fogar e nos obxecto decorativos da mesma como floreiros, xerras, etc. Encontra que engalanar pequenos momentos como a hora de comer aporta un ambiente moito máis especial. Debido a que cada colección é única e especial o que se pretende transmitir e achegar ó público é ben distinto. Na primeira creada, “Miranda” a pretensión era relacionala ca súa inspiración principal Miranda e Vigo. O concepto do que versa é o desapego, sentir que algo é teu aínda que non o teñas, pode formar parte da túa vida malia que non se teña de forma física. Na colección “LUCES E FORMAS” buscou resaltar de maneira primaria a cor. O nome parte de que para a artista non hai imperfeccións na cerámica senón que son diferentes formas as que pode acadar.
Análise dunha obra
A colección Pan y vino (2021) realizada en arxila refractaria a alta temperatura con chamota fina constitúese como un dos conxuntos artísticos relacionados cá hora da comida e o aprecio da mesma. Para a artista non só se está a falar dun momento de pracer do padal senón tamén de pracer visual. En prol de acentuar isto presta especial atención os detalles, unha mesa decorada con mimo coidando as formas e as cores. Cada parte da louza ten importancia e debe ser individual – dentro dun conxunto – polo que a beleza e personalidade de cada unha destaca.
As pezas destacan por ser realizadas de forma artesanal, con barro e aplicando cores limpas. Para que isto sexa posible e acrecentar o sentimento de sinxeleza pero individualidade realizouno con arxila de chamota que aporta unha textura moi granulada pero a vez moi suave o tacto.
Non usou o torno – como soe ser habitual nas pezas da artista – senón que o realizou a man, cá técnica do belisco o que aporta un estilo moito máis natural a peza. Este estilo é o que busca ca colección polo que todas as pezas se abarcaron de igual maneira. Intentouse respectar ó máximo o material, sen importar as posibles “imperfeccións” que iso supuxera. Buscando engadir detalles especiais estampa nas tabliñas relacionadas ca comida e Galicia: larpeira, teño fame, morro da fame, pan e viño, etc. As palabras xogan un papel importante na obra da autora, tanto na arte como no seu propio proxecto.