top of page
1632497279776.jpg

Andrés Rodís

  • Instagram
  • Negro del icono de Blogger

Andrés Rivas Rodís naceu en Santiago de Compostela no ano 2000. Dende cativo sentiu fascinación por todo aquelo que o rodeaba e, as formas e as sensacións estimularon a mente do aínda pequeno artista. Pese á cotidianidade destes aspectos, para él foron fundamentais para o seu entendemento, e calquera obxecto insignificante era verdadeiramente atraente para a súa mente. Posteriormente, cara á adolescencia comezou a interesarse polo graffiti. A visión das obras de grafiteiros e muralistas polas rúas de Compostela influíron nel de maneira importante, e esta expresión foi o contacto máis directo co mundo da arte. 

A súa formación foi encamiñada polo que a él máis lle gustaba e cursou o bacharelato artístico no IES de Sar en Santiago de Compostela. É alí onde se formou en máis disciplinas ademais do graffiti, e decidiu ingresar no Grao en Belas Artes na Universidade Politécnica de Valencia, onde actualmente cursa o cuarto curso.

Dada a súa condición de novo artista e a súa pronta produción, Andrés tivo a oportunidade de sumerxirse nalgúns proxectos. Foi seleccionado coma un dos finalistas na convocatoria do Xuventude Crea 2020 na disciplina de artes plásticas e exposto na Igrexa da Universidade. Recentemente, participou no proxecto EAN11: Encontro de Artistas Novos, na Cidade da Cultura e coordinado por Rafael Doctor, onde tivo a oportunidade de coñecer a outros novos artistas e interectuar sobre arte. 

Produción artística

Andrés Rodís traballa dende a experimentación con todo tipo de materiais, pero a técnica que máis emprega para as súas creacións é a do óleo. Esta maneira de pintar permítelle unhas maiores posibilidades xa que grazas ao seu lento secado pode aplicar diferentes recursos e obter unha interesante plasticidade. Ao tratarse dunha técnica tan versátil, é posible xerar efectos moi interesantes como os da fotografía ou xogar con manchas abstractas.

Aínda que o óleo sexa o que máis lle gusta ao artista, non deixa de interesarse por outras maneiras de crear. En moitas ocasións opta por experimentar coa fotografía, debuxo, collage, gravado, modelado… De feito, actualmente está formándose nos procedementos escultóricos mediante a fundición do metal. Da potenciación destas distintas tarefas obtén resultados únicos e enriquecedores, xa que cada unha delas ten a súa esencia e aportan efectos distintos.


A fotografía é outra das expresións que Andrés emprega para os seus procesos creativos. Comezou fotografando para pintar, polo que as imaxes están realizadas con composicións e estímulos similares aos que plasma no óleo. Aínda que o artista utilice a fotografía como parte do conxunto da pintura, entendea tamén como disciplina individual. Deste xeito, en ocasións opta por non pintar as imaxes, se non entendelas cos seus rasgos expresivos propios. Como anteriormente se explica, cada maneira de crear ten para Andrés unha personalidade e un entendemento único, polo que nalgúns casos narra mellor o que quere contar e obtén mellores resultados fotografando, xa que consta dunha linguaxe en particular.
 
No tema pictórico, o artista emprega como soporte a loneta de algodón que el imprime e monta no bastidor e a tea en cru sen imprimar. Este último recurso interésalle enormemente xa que utilizando o liño en cru xeranse efectos moi singulares a causa da dureza e a pequenez da trama do soporte.


A pintura que aplica á tea atende a tonalidades grises e nalgúns casos emprega unicamente o branco e o negro. Esta gama cromática relacionase á singular luz que ten Galicia. A iluminación pesada, neboenta, onde non se distinguen as sombras e os obxectos plasmase na súa pintura e parece que a realidade queda difuminada.
 
En canto á temática, as súas obras non responden a un motivo en concreto, non existe unha unidade de tema, xa que o que o move a crear unha imaxe é outra. Andrés sinala que entende a nosa relación cas cousas como: ‘’algo moitas veces inconexo ou incluso contraditorio, por iso non predomina un motivo ou un modo de facer en concreto. Se algunha escena (real ou imaxinada) me chama a atención por diferenciarse de todo o demais (por moi banal que sexa), representoo.’’ Dese xeito pode seleccionar algo en concreto para plasmar no lenzo, xa sexa unha folla ou unha paisaxe. Aínda dentro desta ampla posibilidade temática, chámalle moito a atención os rostros pola súa capacidade de expresión e a súa potencialidade para transmitir. O artista envólvese en distintos campos de creación pero sempre existe unha volta cára as formas e a simboloxía das faces. 
 
Andrés Rodís quere sinalar ca súa obra as distintas posibilidades de visión ante unha mesma cousa ou relato. Coméntanos que a creación ‘’é unha desas miradas, por iso se fai unha invitación (tamén a un mesmo) para pararse no visible e volver un pouco á inocencia de deterse e abrumarse, coma os nenos, ante calquera estímulo insignificante.’’

 

Análise dunha obra

Mateo é unha obra do ano 2020 realizada nunha táboa de pequeno tamaño e pintada coa técnica do óleo. Moito do que Andrés elixe para pintar ten que ver co seu entorno máis directo. Neste caso, trátase dunha peza moi íntima xa que nela representa o rostro do seu irmá máis pequeno. A pesar da falta de unidade temática nas súas obras, en ocasións elixe os rostros para expresarse xa que contan con unha capacidade especial para transmitir.

O protagonista aparece cunha face inconcreta ou velada, que non deixa ver de forma clara a súa forma obxectiva. A plasticidade e a versatilidade do óleo permítelle ao artista crear unha pintura pesada, mostrando unha cara velada e mesmo neboenta. Deste xeito, xerouse unha fórmula que semella un recordo e non un rostro perfectamente delimitado e visible. Mediante o proceso de creación, crea un diálogo tanto co obxecto e a pintura como co que representa, neste caso o seu irmán Mateo.


Un punto de interese para o artista é a cuestión da idea de representación e o porqué deste feito. Segundo conta o artista ‘’o representado é unha alusión e as alusiíns son pequenas chamadas de atención sobre o que encontramos fóra’’. O rostro de Mateo emula os recordos e a idea do propio representado, inducindo a deterse e apreciar o visible e o mensaxe mesturado.

Contacto

  • Instagram
  • Negro del icono de Blogger

@andres.rodis

andresrrodis.wordpress.com

bottom of page