top of page
CV 2019.png

Alba Domínguez

  • Instagram

Alba Domínguez nace en Meaño no 1997. A súa nenez é similar á de calquera outra nena, ve debuxos e o contido audiovisual que emiten pola televisión, o cambio xorde a raíz da súa adolescencia. Sendo a pequena de tres irmáns o seu consumo audiovisual estivo especialmente marcado por ver contido que non estaba dirixido a súa idade – senón máis ben para o de seus irmáns – polo que a información recibida era especialmente interesante, por exemplo en materia LGTBI.

Pouco a pouco vai formando un gusto polo audiovisual, incluso valéndose das novidades tecnolóxicas que ían chegando a súa vida – pois cada vez era máis sinxelo consumir cine de maneira online. Un referente clave na súa vida é seu irmán, sendo o primeiro da familia en estudar CAV, abrindo as portas ó descubrimento da profesión e de un amplo contido que consumir para nutrirse.

Durante os seus anos de formación obrigatoria comezou a sentir un especial apego polo coñecemento das relacións sociais, partindo especialmente dela como individuo social. Estas inquedanzas levárona a ler sobre historia, socioloxía e temas relacionados pero sempre acababa vendo a necesidade de ir máis aló e analizar a parte práctica ou visual destes.  

É así como remata por decidir estudar CAV, pasando por diferentes etapas de exploración do medio. Nun comezo achegase ó cine clásico pero comprende que este non é o estilo que aporta máis na area social que busca, polo que remata interesándose no cine social, natural e intimista. Racha cas ataduras do cine e comprende que o importante é o contido e como este se expresa, polo que se somerxe na exploración doutros medios. Un dos seus predilectos é o videoclip.

No transcurso dos seus estudos superiores realiza unha estadía en Lisboa na Universidade Lusófona de Humanidades e Tecnologias. Grazas a esta atopa a súa vocación e posterior deriva profesional. Durante este ano – e especialmente pautado por un dos seus profesores – comezou a experimentar con varios formatos e formas de plasmar o contido. Ó pouco comeza a sentirse máis cómoda ca montaxe e a edición comprendendo que é o espazo onde crear libremente. As imaxes chegan a este proceso de postprodución en bruto e o montador é o que narra, o que constrúe a historia e consegue realizar un produto que chegue ós espectadores. Nas súas mans escríbese de novo a historia.

Produción artística

A produción de Alba conformase ó longo da súa traxectoria universitaria e os anos posteriores nos que foi formando o seu estilo e método de traballo. O seu sistema de traballo basease especialmente en crear referencias visuais a base da recolección de moitas imaxes que conforman un conxunto – recordando incluso a Aby Warburg – que acaban conformando un fío condutor orquestrado pola artista. Para Alba é especialmente importante que parte destas referencias partan dos seus directores favoritos dos que destaca nomes como: Wong-Kar Wai, Céline Sciamma, Xavier Dolan, Carla Simón, Ingmar Bergman, Abbas Kiarostami, etc.


Malia disto sigue construíndo o seu estilo xa que considera que non esta totalmente definido. Está formándoo de maneira continúa, buscando un lugar onde sentirse cómoda e poder expresar totalmente aquelo que ten en mente. 
Os seus proxectos son os seguintes: Hijo de la Luna. Dirección de fotografía (2018). E ficamos outra vez sem nada. Co-dirección, dirección de fotografía e montaxe (2018). Eden. Creativa e dirección de fotografía (2019). Perdoa o medo (ARIYOUOK). Dirección de fotografía e montaxe (2019). Lázaro. Co-dirección, co-dirección de fotografía e montaxe (2019). Vídeo promocional Prémios AIP Cinema. Fotografía e cámara (2019). Ouro sobre Azul. Departamento de cámara e montaxe (2019). Drifting Away (Thea Nyboe). Montaxe (2020). Os Corpos. Son (2020). Todo o que che din (Verto). Dirección, dirección de fotografía e montaxe (2021). 

En canto a recoñecementos mo ano 2019, a súa curta experimental Lázaro, co-dirixida con David Cruces e Concha Silveira, é seleccionada e finalista da sección Novíssimos do IndieLisboa. A curtametraxe de non-ficción Os Corpos (Eloy Domínguez Serén, 2020), na cal se encargou do son, acadou numerosas seleccións en festivais internacionais coma Clermont-Ferrand e numerosos premios en certames coma o Play-Doc e Cans.


Todos eles teñen un punto común, un lazo que os une, as relacións sociais;  como xorden e como se desenvolven. É por iso que moitas destas obras – sobre todas aquelas na que forma parte da montaxe – manteñen certo estilo común.  As temáticas abordadas relaciónanse cas etapas temperás da vida, especialmente xuventude e adolescencia – pois son aquelas vividas pola artista – ligando cun papel integrador da comunidade LGTBIQ+. 


Busca análises profusos do contido, intentando analizar o que chega a súa mesa de montaxe para poder darlle varios puntos de vista distintos. Unha mesma historia pode ser moi distinta só en base a como este conformada. Isto permite o espectador ir máis aló e somerxerse na peza non só en prol de sentirse identificada senón tamén na búsqueda da súa interpretación. No seu proceso de traballo, para que estas premisas sexan posible, monta até tres veces a mesma peza. A primeira baixo o estrito guión vendo que funciona das ideais iniciais, posteriormente de maneira libre, sendo consciente do material e xogando con el e por último realizando unha simbiose de ambas montaxes. Grazas a este sistema consigue manter as ideais iniciais que partiron da directora pero tamén darlle un ton máis natural e fresco, que se axuste a realidade da peza. 


Dentro da montaxe xoga un papel clave a música xa que a considera un principio básico á hora de realizar un proxecto – influído pola súa formación en son. É así como acaba decantándose pola realización dun videoclip na súa ópera prima. 

Análise dunha obra

Todo o que che din (2021) xorde a raíz da realización do traballo de fin de grao. Como xa se facía fincapé a relación ca música sempre foi un punto fundamental ó longo do seu traballo polo que á hora de embarcarse nun novo proxecto -e a vez na súa ópera prima – considerou  que o mellor medio é o videoclip. A colaboración co grupo Verto xorde dende unha preferencia musical propia xunto ca temática abordada polos cantantes nas súas letras: as relacións persoais. Partiu dun equipo pequeno pero non sentiu en ningún momento iso como un hándicap pois vese moi cómoda facendo varias tarefas a vez e dirixindo. 


A partir deste primeiro contacto realizase unha conexión con Mundo X (encargado do mundo visual de Verto) en prol de traballar en conxunto pois é o deseñador gráfico e o que realizou as pezas audiovisuais previas. Esta colaboración facilitou moito encontrar un punto común e coñecer o estilo precedente. 


O tema, da elección da artista, respondía non só ó seu interese persoal senón que se asemellaba o que pretendía o grupo cas súas cancións. A temática foi matizando en distintas reunións con Verto e Mundo X pero o maior peso creativo recae directamente na artista. É así como se decidiu que a temática versaría sobre a relación de dous rapaces e as súas dinámicas afectivas, o amor e as malinterpretacións do mesmo. Para que existise unha maior sinceridade ante a cámara non se optou por actores senón por persoas que non tiveran experiencia ante a cámara, que puideran contar a súa verdade. 


Este proxecto era un escenario novidoso para Alba xa que non só tiña un papel como montadora senón tamén como directora, directora de fotografía, etc. Un desafío que soubo salientar en prol dunha bagaxe audiovisual maior. 
En canto a dirección de fotografía primaron as imaxes en movemento, cámara en man e dotar a escena dun aspecto vintage. Reforzase posteriormente cá colorimetría, asociando cores con cada protagonista e ca evolución da propia trama. Da mesma maneira a estética tivo un papel fundamental xa que buscase recordar os oitenta e noventa – para seguir ca estética do album de Verto – polo que se quixo ir máis aló, que non só fose unha representación da época pola roupa ou outras cuestións de atrezzo senón tamén relacionado ca linguaxe formal. 


A obra consigue achegar de maneira sincera sentimentos e vivencias da adolescencia facendo especial fincapé nas duras realidades as que nos vemos sometidas cando falamos sobre o amor e as relacións afectivas. 

Contacto

  • Instagram
  • Icono negro LinkedIn
email_PNG100742.png

@adxmgzs

Alba Domínguez

albadgz@gmail.com

bottom of page